O concello de Sandiás está situado no sureste da provincia de Ourense formando parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte,  as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con  Vilar de Santos.

situacion

                                                                                                                   Sandiás dentro da provincia de Ourense

 

O concello está constituído por unha zona montañosa, con altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta localízanse a maior parte dos pobos e das explotacións agrícolas mais rendibles e productivas.

mapa1

   

O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste.

A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de  Allariz.


Distancia coas principais cidades de Galicia por estrada:


-A Coruña: 177 km, O Ferrol: 190 km, Lugo: 119 km, -Ourense: 30 km, -Pontevedra: 115 km,-Santiago de Compostela: 129 km, Vigo: 106 km.