Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.260 habitantes (IGE, Padrón de habitantes ano 2017) distribuída  en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.

 

Parroquia Poboación (2017) Superficie (Km2) Nº de núcleos Núcleos
Couso de Limia (Santa María) 430 17,56 3 Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras
Piñeira de Arcos (San Xoán) 397 16,64 9 Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela,  A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós

Sandiás

(Santo Estevo)

433 18,60 6 Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro
Total 1.260 52,80 18  

 

É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, os seus principais cultivos son a pataca e os cereais. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes,  chans, dedicadas a cultivos agrícolas.

patacas          muller          vista

          Parcela de patacas na Veiga                                             Homenaxe á muller labrega                                    Campo de patacas e torre de Sandiás