A nova corporación municipal e, no seu nome o alcalde, dámoslle a benvida a esta páxina, onde imos tentar de achegarnos a todos os veciños do concello de xeito telemático, tratando  de facilitar o acceso ós trámites a realizar e tamén manter información arredor do que aconteza no concello en todo momento.

Empezamos unha nova e ilusionante etapa que trataremos de que sexa moi próspera, que será o que desexamos todos.

O concello ten as portas abertas a todos e todas os veciños e veciñas e, por suposto tamén estará aberta a porta do alcalde que sempre estará disposto a recibir a todo o mundo.

Espero que todos camiñemos xuntos nesta nova andaina do noso concello e, collidos da man, porémolo no lugar que se merece.

Un cordial saúdo para tod@s.

O alcalde Felipe Traveso García