PATRIMONIO HISTORÍCO ARTÍSTICO

A nivel de patrimonio histórico-artístico os elementos de maior interese turístico e cultural con que nos atopamos no concello de Sandiás son:

  •  Igrexa de Santo Estevo, Reitoral de Sandiás, Pazo do Espido en Sandías.
  •  Pazo do Penedo e capela do San Mateo en Vilariño das Poldras.
  •   Igrexa de San Xoán, Capela de Santa Mariña, Reitoral en Piñeira de Arcos.
  •  Casa do Fidalgo e capela de San Roque en Zadagós.
  •  Igrexa de Santa María, Reitoral, Pazo do Telleiro en Couso de Limia.
  •  Casona en Santa Ana
  •  Capela de S. Pedro en Arcos.
  •  Torre do castelo medieval de O Castro
  •  Capela de S. Miguel en Coalloso.
  •  Ermida de San Bieito da Uceira e Miliarios de Vilariño das Poldras e Zadagós.

Tamén é importante destacar a grande cantidade de elementos de arquitectura popular e tradicional que se conservan no concello como poden selo caso dos numerosos cruceiros, fornos comunais, casas tradicionais palleiras de terróns da Veiga, (Santa Ana, A Lavandeira , O Castro,  etc.),  etc.

 Vía Nova

Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania.

Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariño das Poldras e de Zadagós. O Itinerario de Antonino do século III fai mención da mansión Geminas, parada de postas e hospedaxe, que se situaría no actual Sandiás.

miliariore      miliariosre 
 Miliario de Zadagós  Miliarios de Vilariño das Poldras

Ademais dos miliarios atopámonos cos restos de canalizacións romanas na área recreativa da lagoa de Antela preto do canal da lagoa.

Vía da Prata

Este concello estaba atravesado durante Idade Media pola Vía da Prata empregada polos peregrinos do sur de España e os procedentes do Camiño Portugués de Chaves e Vilareal. Hoxe en día despois da revitalización da Vía da Plata  en Sandiás situase  un dos albergues da vía da prata da variante de Verín.

Igrexa de Santo Estevo de Sandiás

igrexasandias                                                           

Trátase dunha das máis fermosas do renacemento galego. Construída polo mestre de cantería, Bartolomé de Nosendo, antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarem, ou a parroquial de Batalha.   O Retablo Maior é de grande importancia polo seu significado na arte ourensá do século  XVII. Foi realizado no ano 1603 polo entallador Xoán Fernández O Mozo, un pintor descoñecido, e polo escultor Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro tercio deste século. Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese  son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

Igrexa de Santa María de Couso

Igrexa de dúas etapas constructivas, unha románica e outra do século XVII.

                                                                           

Igrexa de San Xoán de Piñeira

Igrexa do século XIX 

                                          igrexapieira 

                                                                                            

Ermida de San Bieito da Uceira 

A primitiva ermida foi construída no ano 1766. Posteriormente sería reconstruída e ampliada. Dende o adro vense unhas marabillosas paisaxes da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase unha romaría dunha gran tradición en toda a Limia.       ermidare                                                                                          

Torre de Sandiás (Torre do Castro)

A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e  Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde é arrasado polos irmandiños, e logo reconstruído. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os muros de case 4 metros de grosor. Constaba,  ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.

torrere
                                                                                       

Pazos

  • Pazo do Penedo (Vilariño das Poldras) – Dúas partes diferenciadas, unha do século XVI e outra do século XVIII.

  • Pazo do Telleiro (Couso de Limia) – De finais do século XVII e modificado no século XVIII.

  • Pazo do Espido (As Pegas) –  Século XVIII.

  • Casona de Santa Ana (Santa Ana) – Século XVIII

  • Casa do Fidalgo (Zadagós) – Século XVIII. Na actualidade, restaurada e habilitada como casa de turismo rural.                                          

 

 

 

PATRIMONIO NATURAL

 

As areeiras de Sandías (Humedais de Sandiás)                                                                                                        

A explotación de áridos no concello de Sandiás, onde están situadas a practica totalidade  das explotacións areeiras da Limia, creou posteriormente pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Por medio de procesos naturais algunhas destas pequenas lagoas fóronse convertendo en refuxios para a fauna. Mais adiante realizáronse por medio da Consellería de Medio Ambiente actuacións relacionadas ca recuperación das areeiras abandonadas, como a creación de observatorios de fauna en varios puntos das zonas protexidasAs charcas da areeiras abandonadas son un refuxio para a fauna que acollen,  sobre todo para as aves acuáticas. Estes refuxios teñen gran importancia polo valor faunístico (invertebrados, anfibios, réptiles, aves, mamíferos, ...) e o valor botánico que albergan.

 
 
 
 
                                                                                                                                                                                       
 
                   areeirare1