Na comarca da Limia existiu ata fai unhas décadas a lagoa de Antela, unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica. Esta lagoa atesouraba unha gran riqueza arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc.,  e unha flora, fauna e folclore característicos. Tiña 7 kilómetros de longo e 6 kilómetros de ancho, aínda que dependendo da época do ano, variaban esas dimensións, así como a súa profundidade, que normalmente tiña unha media de 0,60 metros chegando nalgúns ¨pozos¨ ata os tres metros. Un índice da súa importancia excepcional eran o miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano.

lagoa1   A lagoa de Antela antes da desecación.

Innumerables foron os intentos de desaugamento e aproveitamento das súas terras para o labradío ata o seu definitivo desecamento polo Instituto Nacional de Colonización a partir do comezo das obras no ano 1959. Os romanos tentárono coa construcción dun emisario principal e unha tupida rede de pequenas canalizacións, o seu emisario principal que ía dende Vilar de Barrio ata Ponte Liñares, medía 26 quilómetros de longo e 17 metros de ancho aproximadamente. A moderna canle seguiu o mesmo trazado. Restos destas pequenas canalizacións pódense observar na  area recreativa da lagoa de Antela  preto do canal da lagoa.

canle                                                                                           Canle da antiga lagoa de Antela

Acerca dela contábanse infinidade de lendas, entre as mais fermosas esta a da cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatrar o galo.  E a dos mosquitos cínifes que eran o rei Artús e os seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.

areeirarecuperada

                                                                                              Antiga areeira recuperada                             

                                                                                           

A explotación de áridos no concello de Sandiás, onde están situadas a practica totalidade  das explotacións areeiras da Limia, creou posteriormente pequenas lagoas que, unha vez cesada a extracción, eran abandonadas. Ante esta situación, xurdiu a iniciativa por parte da antiga Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de establecer un plan global de restauración da zona, que supla en parte a desaparición da antiga lagoa de Antela.

panelareeira

                                                                                         Panel da antiga areeira recuperada

A primavera é a mellor estación do ano para gozar da natureza das areeiras. Co Inverno, moitas aves do norte de Europa chegan ata  aquí escapando do frío. Dende os observatorios pódese observar en especial ás anátidas que nadan nas charcas.