A traballadora social dos servizos sociais do concello de Sandiás traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do concello. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente nos cidadáns que sofre algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.

A atención primaria é a máis achegada ós cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas. 

Horario de atención ó público:

Os xoves de 9:00 a 14:00 horas.

servizossociais

                                                                                                 Oficina de servizos sociais

Accións desenvolvidas:

As acccións básicas  desenvolvidas polos servizos sociais do concello son:

        1.- Actividades de orientación, asesoramento e información.

            Teñen por obxecto informar ós veciños sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como   orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas especificas, diganosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.

        2.- Programa de Axuda no Fogar.

            O servizo de axuda no fogar está dirixido a tódala poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten    disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionáselles a posibilidde de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e convinte. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.

        3.- Accións de Emerxencia Social

            Dende os servizos sociais detéctanse situacións de urxencia que requieren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicosque dificultan o normal desenvolvemento das personas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, corrixir estes déficits.

        4.- Programa de Educación Familiar

            O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así  mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dous seus membros a nivel profesional, escolar, etc.

        5.- Outras accións de animación, prevención e Cooperación Social, accións de convivencia alternativa, información e tramitación de subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural, etc.