¿Qué é?

O servizo de Xuventude é o departamento municipal encargado de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas administracións.

¿Qué servizos ofrece?

  • Información, difusión e descentralización da información xuvenil de carácter xeral: convocatorias, cursos, premios e concursos, voluntariado, oferta de emprego, vivenda, etc.
  • Orientación e asesoramento: laboral,  profesional, académico.
  • Consulta de documentación especializada e préstamos.
  • Tramitación do Carné Xove.
  • Programación e xestión de actividades (conferencias, etc.).

Horario de atención ó público:

     De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Páxina web da Rede de Información Xuvenil: http://www.rix.org