A biblioteca do concello  ofrece os seguintes servizos:

Servizo de consulta en Sala

A biblioteca de Sandiás pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuais, revistas, diarios oficiais, xornais, etc. que poden ser consultados libremente.

Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector.

 biblioteca

Servizo de Préstamos

O préstamo é libre e gratuíto pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo.

Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo.

Tamén contamos con anuarios, diccionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluír do préstamo.

 Conexión a Internet.

Mediante o programa de "internet nas Bibliotecas", instalouse  na biblioteca do concello un telecentro de acceso público e gratuíto para posibilitar o acceso a internet polos veciños/as.

Este centro de acceso conta con dous terminais de acceso(dous ordenadores) e os correspondentes periféricos (impresoras, escáneres, etc) para o acceso a Internet con banda ancha (ADSL).

 

biblioteca2

¿Qué é un telecentro?

Un telecentro é un local de acceso público, habilitado polo concello, onde se pon a disposición de tódolos cidadans un contorno de acceso gratuíto a Internet en condicións de calidade. Para isto instálase un acceso a internet de banda ancha, unha rede local sen fios e varios ordenadores e periféricos de uso público. Os cidadáns poden acceder libremente a este espazo para navegar pola internet oou facer uso dos ordenadores e periféricos, e ata navegar como convidados desde os seus propios ordenadores portátiles. O "Telecentro" e un espazo comercialmente enfocado para desenvolver iniciativas vinculadas ás TIC. Neste espazo atopará as novas tecnoloxías, converténdose así, nun centro de teletraballo e servizos telemáticos que nace coa pretensión de espallar os beneficios das tecnoloxías da información no ámbito rural, promocionar o teletraballo e formar empresas, traballadores e habitantes da comarca para que se poidan unir á  chamada "sociedade da información".

 Horario de atención o público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.