O Concello de Sandiás é o promotor e o sostén de varias iniciativas culturais que levan anos dando formación ós veciños/as do noso concello.

rondallavieja

 

Rondalla do Concello de Sandiás

Conscientes da nula formación musical que existe na zona, o Concello de Sandiás, en colaboración co Colexio Público de Sandiás decidiu promover unha campaña para elevar o nivel cultural da zona referente a esta área musical. Os alumnos do colexio ían ser a correa de transmisión que levarían o seu arredor a influencia cultural que se pretendía.

Creouse entón un grupo instrumental de corda que comeza a súa andadura en febreiro de 1993 coa adquisición dun órgano por parte do Concello de Sandiás e a chegada ó colexio dun profesor ca especialidade de música que desinteresadamente ocupa o seu tempo, fora do horario escolar para os ensaios.  Os alumnos que formaron o primeiro grupo instrumental eran os  nenos e as nenas de 3º,4º e 5º.

En decembro de 1994 fan a súa primeira presentación en público cun auditorio importante, así como numerosas autoridades locais e provinciais.

Na actualidade a Rondalla está formada por aqueles alumnos iniciais (hoxe antigos alumnos do centro) e as novas xeracións que ano tras ano se van agregando ó grupo orixinal.

As actuacións nestes últimos anos foron varias e en distintos lugares da nosa xeografía, intervindo en numerosos concursos  e festivais (Festival de Corais do Teatro Principal de Ourense, etc.)  con óptimos resultados en varios deles.

            Clases:  2 clases á semana.

 rondallacorovieja

Coro do Concello de Sandiás

Esta formado por un grupo de mulleres de tódalas parroquias do concello de diferentes idades. Os ensaios realízanse , cun profesor de canto, un día á semana pola tarde nas instalacións do Colexio de Sandiás. Normalmente cantan na misa do domingo na parroquia de Sandiás, así como en actos culturais, como no Día das Letras Galegas, etc.